miércoles, 17 de mayo de 2017

¡Día das Letras Galegas 2017! : Vento ferido de Carlos Casares.

Título: Vento ferido.

Autor: Carlos Casares.

Editorial: Editorial Galaxia.

ISBN: 978-84-8288-734-0.

Precio: 13,30 €

Extensión: 100 páginas.

Sinopsis: A obra literaria de Carlos Casares, unha das máis interesantes da narrativa galega do século XX, iníciase en 1967 con Vento Ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla xa a mirada orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector ou lectora para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.

Autor:

Carlos Casares ( Ourense, 1941 - Vigo, 2002) foi elixido este ano para ser o autor homenaxeado nas Letras Galegas. Comezou coa Nova Narrativa Galega, mais as súas mellores novelas son posteriores e de feitura moito máis clásica. A súa prosa é sinxela pero traballada, para resultar natural e interesar a un amplo número de lectores.

Algunhas das súas obras son: Ilustrísima, O sol de verán, Cambio en tres, Xoguetes para un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío, Os mortos de aquel verán e Deus sentado nun sillón azul entre outros moitos.

Comentario:

Esta é unha recopilación dunha ducia de relatos curtos sobre a sociedade galega do século XX. Estes relatos amosan a violenca e o alcoholismo abundantes no cotián no ámbito urbano de Galicia.

Neles podemos observar o medo imperante na sociedade da ditadura franquista en relatos como Coma lobos, no que o protagonista fai un monológo que nos trasmite a anguria deste século.

Outro dos temas importantes neste libro é a soidade, a soidade dos vellos que no relato Agarda longo ao sol, ensina o pouco que temos en conta aos nosos maiores e os sentimentos que estes teñen.

O amor esta presente en distintos relatos con finais bastante austeros, sen un final feliz, amosando a realidade, coma en A rapaza do circo ou Aparecerá pola esquina.

A violencia impera en case tódolos relatos. O xogo da guerra ou A capoeira son os relatos que mellor amosan este sentimento, transmitíndollelo ao lector.

En conclusión, este libro amosa a realidade sentimental que se vive en Galicia, co alcohol que cobra importancia neste momento e as repercusións que teñen na sociedade.


Os relatos que máis me gustaron, e por casualidade, foron os tres últimos: A rapaza do circo, O outro verán e Aparecerá pola esquina. O primeiro vai dun amor da xuventude entre un mozo da aldea e una rapaza francesa que pasaba por alí co circo; o segundo vai de unha moza, Mónica, que volve a aldea polo verán esperando atoparse co mozo que conocera moitos meses atrás; e o terceiro, e último, dun mozo que vai ata Madrid en busca da súa namorada.

Sen embargo, a miña irmá que tivo que ler este libro para o instituto, gustaronlle máis os relatos que amosan a violencia como A capoeira mezclado con circunstancias relacionadas cos animais.

Este é o primeiro libro que leo de Carlos Casares, pero quixen comezar polo homenaxe que lle fan coas Letras Galegas deste ano. Puiden ver que non so ten narrativa contemporánea e ensaio, senon que tamén ten unha gran producción de literatura infantil. Isto ven moi ben tendo en conta que estou estudando Maxisterio Infantil, polo que sen dúbida, penso leer máis de este autor.


¡¡¡Feliz Día das Letras Galegas!!!


T.
Hasta la próxima y que los libros estén siempre, siempre de vuestra parte.

1 comentario:

  1. Ola!
    Que boa idea escribir unha reseña en galego para celebrar o Día das Letras Galegas. Sen dúbida non hai mellor maneira de celebralo.
    De Carlos Casares só lin un libro hai moito tempo e non coñecía este, así que anotado queda.
    Moitas gracias pola reseña.

    bicos

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...